1/5/15

MODERNIZANDO SERVIZOS

Queridos lectores e lectoras,

Dende esta semana poderedes apreciar que moitos dos libros ou películas que levades en préstamo levan na súa portada un código QR.
Supoñemos que, igual que nos pasaba a nós, non tiñades moi claro para que raio servían eses extraños códigos que empezan a aparecer en carteis, revistas ou productos do supermercado.

Ese código, unha vez escaneado polo voso dispositivo móbil, vos conduce a información de interese: unha páxina web, un documento, un vídeo, unha canción...

No noso caso, incorporamos ao código enlaces de interese sobre o libro, disco ou película: guías de lectura, trailers, vídeos, artigos, comentarios ou reseñas, que cremos poden enriquecer a lectura ou proporcionarvos información complementaria.

Só tedes que escanealo cunha aplicación dos vosos móviles ou tabletas e o dispositivo móbil vos levará a esa información complementaria que, estamos seguros, será de moita utilidade.

Aquí tedes o enlace ás diferentes aplicacións gratuitas para Android, Iphone ou Tablet de lectores de códigos QR.


Esperamos que este novo servizo vos sexa útil e tamén agradecemos moito que nos comentedes que vos parece o seu funcionamento, así como que nos suxirades enlaces de interese para incorporar aos nosos códigos.
O noso obxectivo: seguir mellorando cada día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN